O C4 da Arousa volve do Campionato de España con dous ouros e unha prata

July 10, 2016

Este fin de semana disputouse o Campionato de España de Pista en Trasona (Corvera de Asturias), onde o cuarteto da canoa de David Mochales, Yerai García, Carlos Cañón e Miguel Padín non puderon volver coas mans menos valeiras, xa que tiveron un gran éxito, convertíndose no mellor C4 Junior de España, cun ouro nos 1000 metros, cunha prata nos 500 e con outro ouro nos 200.

Respecto ás outros resultados nas finais ás que alcanzaron chegar padexeiros do clube, Mochales e García quedáronse ás portas do podio cunha 4ª posición nos 1000 metros. Yerai García finalizaría en 9ª posición na mesma distancia, a mesma posición que acadaría Antía Santiago no K1 1000; Pero xunto a Anabel Oubiña, finalizaría 6ª nos 1000 metros, 7ª nos 500 e tamén nos 200 metros.

David Mochales e Yerai García, séptimos de Europa en Pontevedra 16

July 2, 2016

Este pasado venres foi o turno de que David Mochales e Yerai García inaugurasen a súa carreira na selección española de piraguismo, e esta foi no Campionato de Europa de Maratón celebrado en Pontevedra.

Cunha distancia de 19 quilómetros que percorrer no C2 Junior, os dous canoístas arousáns obtiveron un séptimo posto na súa primeira cita internacional, nunha carreira liderada polos portugueses Ricardo Coelho e Duarte Silva.

Respecto ao Campionato de Europa absoluto, a selección española liderou o medalleiro europeo cun ouro de Tono Campos no C1, o palista meco repetía outro con Jose Manuel Sánchez no C2, seguido da prata do arousán Ramón Ferro co seu compañeiro pontevedrés Óscar Graña. O medalleiro completouse co ouro do K2 formado polos tudenses Iván Alonso e Diego Piña, seguidos dos asturianos Miguel Llorens e Luis Pérez, coa medalla de plata. O medalleiro español pechouse coa prata do zamorano Emilio Merchán en K1 e o bronce da local Raquel Rodríguez en C1.

Antía Santiago, clasificada para o Campionato de Europa de Pista en Bulgaria

June 28, 2016

A padexeira xuvenil Antía Santiago, clasificouse para o Campionato de Europa de Pista Junior e Sub23, que se celebrará en Bulgaria entre os días 14 e 17 de Xullo. Antía obtivo esta clasificación para o K4 grazas aos seus resultados na Copa de España 500 e 200 celebrado a finais de Maio.

Parabéns Antía, a dalo todo en Bulgaria!

Copa de España 200 e 500 - 2016

May 30, 2016

Este fin de semana realizouse a Copa de España sobre 200 e 500 metros, no que o clube participaría con 8 palistas.

Mentres o sábado era o turno das embarcacións individuais, o resultado máis destacable sería os de Antia Santiago e Yeray García, quenes ambos finalizarían en 8ª posición nas súas respectivas finais B. Mellores serían os 500 metros en embarcacións individuais, nos que Antia Santiago finalizaría en novena posición na primeira final de K1 Junior, e David Mochales e Yeray García serían quinto e sexto na final B de C1 Junior.

O sábado, sería o turno das embarcacións dobres, na que o club tería mellores resultados. No K2 feminino, Antia Santiago e Anabel Oubiña foron sextas na primeira final, e no C2 Junior, David Mochales e Yeray García gañaron a final B. Nos 500 metros, o K2 Junior de Anabel Oubiña e Antía Santiago repetiron a posición do 200 metros, finalizando en sexta posición, namentres o C2 de David Mochales e Yeray García, acadou clasificarse á primeira final, onde foron quintos de España a pesar de ser os dous xuveniles de primeiro ano. Polo seu lado, na final B do C2 Junior, Miguel Padín e Carlos Cañón, foron segundos.

O club volve de Lugo con tres medallas

May 22, 2016

O sábado o clube desplazouse a Lugo para desputar o LX Descenso do Miño, no que o clube sufriu varias ausencias xa que seica temos palistas "moi relixiosos" que tiñan que facer a confirmación.

Aínda así, non viñemos cas mans vacias nesta xornada chuviosa, xa que o veterano Juan Manuel Vieites regresou ca medalla de ouro no C1, a palista xuvenil Antía Santiago gañou a medalla de prata no K1 e o canoista xuvenil Yerai García subeu ao terceiro chanzo do podio, gañando o bronce.

David Mochales e Yerai García clasifícanse para o Europeo no Campionato de España en Banyoles

May 15, 2016

Este fin de semana tería lugar o Campionato de España de Maratón na localidade gironesa de Banyoles, campeonato que ademáis, sería selectivo clasificatorio para o Campionato de Europa que se celebrará no río Lérez os primeiros días de Xullo.

Seis xuvenís serian quenes viaxarían a Cataluña para participar no campionato, concretamente distribuídos en dous C2 masculinos e un K2 feminino.

Sería hoxe domingo cando tería lugar as súas respectivas carreiras, nas que o C2 de Mochales e García se proclamarían subcampións de España, tralo C2 de Aranjuez, e deste xeito conseguiron o billete para o Campionato de Europa que se celebrará en Pontevedra. Os seus compañeiros Miguel Padín e Carlos Cañón acadarían a medalla de bronce quedándose así as portas da clasificación. Polo seu lado, Anabel Oubiña e Antía Santiago, finalizarían na sexta posición.

Catro palistas na Copa de España de 1000 m.

April 11, 2016

Yerai García, David Mochales, Antía Santiago e Anabel Oubiña, medallistas no campionato galego da semana pasada, desplazáronse a Trasona (Corvera de Asturias), para desputar a Copa de España sobre 1000 metros.

A nivel individual ambos canoístas pasaron a eliminatoria, e despois, nas semifinais, Yerai clasificaríase para a final B e Mochales o faría para a final C, onde ambos finalizaron na 8ª posición na súa respectiva final. No kayak individual feminino, Antía Santiago pasaría a eliminatoria cunha boa posición, e na semifinal clasificouse para a final B, na que entraría en segunda posición.

Nas embarcacións dobles, o C2 de García e Mochales clasificaríase á primeira final na que finalizarían en quinta posición, e en segunda posición a nivel galego. Namentres, Antía e Anabel clasificáronse para a final B, final na que venceron.

Yerai e David e Antía e Anabel, parellas medallistas no Campionato Galego de Inverno

April 3, 2016

O sábado 2 celebrouse no Embalse de Pontillón do Castro (Verducido), o Campionato Galego de Inverno en embarcacións dobles.

No C2 Junior deste campionato, David Mochales e Yerai García se proclamaron campións galegos cunha diferencia de dez segundos sobre os seu C2 perseguidor do Náutico Firrete. Mentres tanto, o K2 Junior de Antía Santiago e Anabel Oubiña, proclamáronse subcampionas detrás da embarcación do Club de Mar Ría de Aldán.

10 palistas da Arousa viaxaron a Sevilla para o Nacional de Inverno

March 14, 2016

Este fin de semana tivo lugar o Campeonato de España de Inverno, para o que viaxaron 10 palistas do clube.
Entre os resultados máis destacables encontráronse o da xuvenil Antía Santiago, que finalizou novena nuns 5000 metros nos que a súa compañeira Anabel Oubiña foi 32ª. Polo lado dos canoístas da mesma idade, David Mochales foi 17º, quen realizando unha boa salida e uns bos últimos metros finais, acadou un resultado mellor a nivel galego que o que había feito no propio Campeonato Galego de Inverno.

Inicio da temporada 2016 co Campeonato Galego de Inverno

March 10, 2016

Antes de comezar ca entrada, quero pedir desculpas polo non funcionamento da web os últimos meses, esto de andar ocupado, non vivir na casa e ser o único encargado de levar a web é o que ten.

En primer lugar, antes de falar do campionato galego, informar de que por fin, parece que sí que é desta, que  se iniciou a obra da construcción do novo clube, nunhas futuras instalacións ubicadas na cara sur da praia do Bao.

Con respecto ao Campeonato Galego de Inverno sobre 5000 metros, destacar en primeiro lugar a participación de Antía Santiago, que no seu primeiro ano como xuvenil, conseguiu a medalla de bronce, estando en segunda posición a maior parte da carreira; namentres, a outra participante do clube na categoría, Anabel Oubiña, finalizou en décima posición.

Importante tamén foi o papel dos C1 Xuvenil, na que tres dos catro palistas do clube, entraron un tralo outro, con Yerai García, David Mochales e Carlos Cañón, 7º, 8º e 9º, respectivamente.

Na categoría dos veteranos, apuntar que os nosos tres participantes, foron medallistas, en primer lugar, Juan Manuel Vieites, foi o campión galego de inverno en C1 35-39, Julio César Agra foi bronce en C1 40-44, e Juan Jose Rguez. Pol foi subcampión no K1 60-64.

Por último, nas metacategorías xuvenil masculino, fumos subcampións, e terceiros na categoría xuvenil feminina.

View older posts »

AUTOR

Miguel Suárez Otero

Bienvenida

Benvidos á web do Club de Piraguismo de A Illa de Arousa.

O noso clube, fundado en 1980, é un equipo de competición dedicado especialmente á modalidade de augas tranquilas, e también, nalgúns anos, temos equipo de kayak-polo. Este ademáis tamén se dedica a otro tipo de actividades coma ximnasio, spinning, etc. O clube compite a nivel autonómico (Copa da Xunta de Galicia) e a nivel estatal (Liga Hernando Calleja).

Ó longo da súa historia pasaron polo clube un gran número de palistas, entre os cales, moitos conseguiron victorias a nivel nacional e algúns chegaron a formar parte da selección española. Así mesmo, a nivel de clubes conseguimos numerosas victorias en diferentes modalidades.

Para visualizar un traballo monográfico sobre o noso clube, facer click aquí.

Ubicación

Loading...

Se recomienda usar Mozilla Firefox para visualizar correctamente esta página

Create a Free Website at Jigsy.com.  (Report Abuse)